Proxectos

Descubre todos os proxectos que desenvolvemos en SerHumana para, xuntas, construír mellores vidas.

Resetear
Desarrollo emocional y acompañamiento para docentes

Desenvolvemento emocional e apoio para o profesorado

Formación práctica para profesorado, educadores e persoal de apoio escolar

Obxectivo: Desenvolver habilidades emocionais de xeito práctico para fortalecer a práctica docente e o benestar do persoal educativo, promovendo así tamén o do alumnado.

Temas: Desenvolvemento emocional, apoio ao profesorado, propósito, valores.

Acompañando a la adolescencia desde la empatía

Acompañando a adolescencia desde a empatía

Formación grupal e acompañamento para familias e persoas interesadas.

Obxectivo: Capacitar as familias con novos recursos e estratexias para acompañar as adolescencias.

Temas: vínculo e empatía, conciencia e regulación emocional, Comunicación NonViolenta.

Comunicación NoViolenta para familias

Comunicación NonViolenta para familias

Formación grupal práctica para familias

Obxectivo: Fomentar as relacións familiares caracterizadas por unha maior conexión, respecto e claridade, facilitando a comprensión mutua e a xestión dos conflitos do día a día.

Temas: comunicación, necesidades, límites, autoconsciencia, regulación emocional, relacións familiares

Comunicación noviolenta para docentes

Comunicación NonViolenta para docentes

Formación práctica para profesorado

Obxectivo: Incorporar unha comunicación máis auténtica, coherente e respectuosa na aula para mellorar a convivencia, previr conflitos e soster o benestar emocional propio e do alumnado.

Temas: comunicación, xestión de conflitos, autocoñecemento, regulación emocional, vínculo

Espacios educativos de cuidado y de sentido

Espazos educativos para o coidado e o sentido

Acompañamento e formación para o profesorado e as familias

Obxectivo: Fomentar o debate sobre o estado do coidado no equipo docente, a visión do proxecto educativo, o liderado, a xestión de conflitos e a organización interna, co fin de implementar posteriormente medidas prácticas.

Temas: Coidado, consciencia emocional, regulación emocional, xestión de conflitos, igualdade de xénero

El súper poder de la vulnerabilidad en los niños

O súper poder da vulnerabilidade nos nenos

Formación grupal para familias e profesorado que acompaña a masculinidade

Obxectivo: Favorecer un acompañamento emocional saudable aos nenos que carecen de referentes que lles axuden a ter mellores vínculos e mellores vidas.

Temas: masculinidades, coeducación emocional.

Vaya glow up

Vaya Glow Up!

Formación para familias & profesorado

Obxectivo: Axudar a acompañar o alumnado con respecto aos seus corpos, á presión estética e á saúde mental nos centros educativos e nos contextos familiares.

Temas: acompañamento emocional, presión estética, prevención dos TCA e autoestima.

Coeducación emocional para familias

Coeducación emocional para as boas vidas (para familias)

Formación para familias

Obxectivo: Acompañar a nais, pais e persoas adultas de referencia a integrar a coeducación emocional na crianza, favorecendo relacións máis igualitarias, conscientes e coidadoras que impulsen o desenvolvemento integral de nenas, nenos e adolescentes.

Temas: educación emocional, igualdade de xénero, acompañamento familiar

Despiertas

Despertas

Formación grupal e acompañamento a rapazas adolescentes

Obxectivo: Axudar as rapazas a integrar unha nova mirada positiva, capaz e amable sobre si mesmas.

Temas: corpo e aparencia física, relacións, autocoñecemento, autoestima, regulación emocional e propósito.