As relacións sono todo. Nada existe illadamente. Todo no universo está en relación. Temos que deixar de pretender que somos individuos que poden facer as cousas sós. Margaret Wheatley
Esta é a proposta de SerHumana: impulsar equipos e liderados máis humanos, onde o benestar e as boas relacións son clave para a sostibilidade das empresas e das organizacións.
Na maioría das organizacións, o que máis impacta non é só o técnico, senón o relacional. Dificultades na comunicación, tensións que non se abordan ou equipos que se desgastan van xerando desconexión, malestar e perda de propósito.
Sabemos que os problemas emocionais e relacionais están detrás de gran parte da rotación, o absentismo e o baixo compromiso. O burnout afecta a máis do 75 % das persoas traballadoras en España (Adecco), e os contornos con climas relacionais pobres afectan directamente ao rendemento. Ademais, a vida persoal —os vínculos, as familias— tamén forma parte do traballo, e cando non hai espazos para sostelo, o impacto multiplícase.
En SerHumana acompañamos empresas e organizacións a poñer no centro o humano para mellorar como as persoas traballan xuntas.
Facémolo a través de diferentes liñas de traballo:
Cada empresa é un sistema distinto. Por iso, deseñamos intervencións e procesos adaptados aos obxectivos, á cultura e ás necesidades de cada organización.
Combinamos formación, acompañamento e espazos prácticos que permiten levar o traballado ao día a día real dos equipos.
Obradoiros teórico-prácticos para potenciar e fortalecer as competencias emocionais.
Programa dirixido a nais e pais que están transitando a preadolescencia e adolescencia das súas fillas e fillos e precisan novas habilidades e ferramentas.
Silvia Fernández.
Consultoría de RRHH
Cristina Gómez Costoya.
Técnica de RRHH
Abel Aneiros.
Enxeñeiro informático de banca e finanzas
María Jesús García Cachafeiro
(Avogada)