En SerHumana traballamos para abrir novas posibilidades, imaxinar e deseñar mellores futuros.
Desenvolvemos e facilitamos proxectos que sitúan o benestar emocional, relacional e a igualdade de xénero no centro da acción pública, aterrando as políticas en procesos reais que impactan na vida das persoas.
A saúde mental e o benestar emocional son xa unha prioridade pública. Máis do 34 % da poboación presenta malestar psicolóxico.
En paralelo, o malestar emocional nas infancias e adolescencias aumenta de forma sostida, con impacto directo na convivencia, o abandono escolar e a conflitividade social.
As políticas de igualdade e prevención das violencias seguen atopando dificultades para traducirse en prácticas que estimulen a reflexión e o cambio en centros, servizos e comunidades.
O persoal dos servizos públicos —educación, servizos sociais, saúde, xuventude, deporte— sofre niveis altos de desgaste emocional, con risco de cronificación.
Existe, ademais, unha fenda clara entre a normativa e os plans estratéxicos e a experiencia cotiá de profesionais e cidadanía.
En SerHumana acompañamos ás institucións a traducir os seus marcos estratéxicos en prácticas vivas, coherentes e sostibles.
Traballamos para fortalecer programas de benestar e igualdade desde unha mirada sistémica, que teña en conta tanto á cidadanía como aos equipos profesionais que impulsan a acción pública.
Deseñamos intervencións que xeran impacto real en: familias, infancias, adolescencias, xuventude, profesorado, equipos profesionais da administración e a comunidade en xeral.
Facémolo a través de diferentes áreas de traballo desde unha perspectiva de xénero transversal:
Cada institución é un ecosistema propio, coas súas dinámicas, necesidades e retos.
Por iso, en SerHumana deseñamos procesos e intervencións adaptadas á realidade de cada institución, combinando formación experiencial, acompañamento e espazos de reflexión que permiten integrar posibles cambios.
Sara ten unha sabedoría emocional inmensa que lle permite afrontar con solvencia moitas das encrucilladas diversas que lle formulamos. A metodoloxía é moi dinámica pero permite tamén a introspección e xera espazos de reflexión tranquilos e seguros. Sempre ofrece bibliografía ou material complementario. É ordenada na exposición teórica e complétaa cunha exposición dixital que non é invasiva nin rompe o clima das sesións. Coida detalles como a elección de música idónea nos momentos de reflexión e traballo. Quero resaltar algo importante: o bo humor e unha actitude libre de xuízo que fai que nos sintamos tan cómodas e nos expresemos con tanta liberdade.
Carmen
(Traballadora social. Dirección Centro Cívico)
Foi algo precioso nun momento moi necesitado pola miña parte, axudoume moito a recolocarme no mundo. Sara demostra uns coñecementos da materia asombrosos, e o máis importante é que se nota a súa implicación á hora de transmitilos; a intensidade e a empatía coa que coida o grupo é única. Ten unhas capacidades comunicativas incribles.
Mon Rivas
(Xestor cultural)
Foi unha experiencia enormemente enriquecedora, tanto a nivel persoal como profesional. Foi parar, observar, escoitar, compartir, recoñecer e medrar.
Sandra Ferreño
(Educadora en servizo municipal de educación e apoio familiar)
O que máis destacaría é que sabe combinar coñecementos teóricos cunha práctica moi amena e participativa. É moi boa comunicadora e sabe transmitir e “engancharnos”, creando un ambiente grupal moi agradable e á vez de moita conexión.
Carmen Peña
(Médica)
Só podo dicir que este seminario foi a primeiro en toda a miña etapa como estudante do que realmente salín cunha perspectiva totalmente ampliada sobre o tratado. Levanteime ese día pensando que iba a ser a mesma chapa que escoitamos dende pequenos nas charlas, e volvín a casa pensando no moito que me equivocaba. Para min foi un seminario moi interesante e completo, no que comprendimos á perfección o significado de coeducación emocional, no que puidemos entendelo dunha maneira tan didáctica e práctica que realmente puidemos poñer todas as nosas perspectivas e vivencias como exemplos do dado. Realmente creouse un espazo seguro increíble, o que permiteu que compartiramos historias persoais e emocións cos nosos compañeiros e compañeiras, cos que moitos deles, despois de case dous meses de clase, aínda non cruzaramos practicamente palabra. Sen dúbida foi a primeira vez que salgo dun seminario sentindo que aprendin moitas cousas novas, aprendizaxes que non só me van servir a nivel persoal, se non tamén a nivel profesional. Sen dúbida este seminario recomendaríao moito as universidades e aos centros educativos. É moi necesario aprender dende a realidade.
Carolina Kalaji Mosquera
(Estudante de Educación Social. UDC)
A verdade e que este seminario non foi igual que os outros. Sorprendeume gratamente a dinámica e a interacción de “ti a ti” que se xerou. Acadamos, dende a miña perspectiva, un espazo seguro no que puidemos ser nós memos e pasámolo moi ben. A nivel individual, o seminario fíxome reflexionar sobre a seguridade que creemos ter na aula mais finalmente semella que non temos. Penso que me vai a axudar moito no futuro tanto persoal como profesional. Tratarei así, na miña próxima experiencia como docente de buscar ese espazo seguro en todas as aulas e fomentalo.
Lucas Souto
(Estudante de Educación Primaria. UDC)
Sofía López Argiz
(Estudante de Educación Social. UDC)
Martin Dacosta.
(Estudante de Educación Primaria. UDC)
Noa Fraga Naya
(Estudante de Educación Social. UDC)