A través do presente
Aviso Legal regúlanse as condicións de uso e de navegación de
https://www.serhumana.gal (en diante, “Sitio Web”).
1. Titularidade da Web
SARA VIERNA FERNÁNDEZ (en diante, SERHUMANA)
NIF: 32692118X
Domicilio social: C/ Eladio Rodríguez González nº 7 baixo – 15005 (A Coruña)
Dominio: https://www.serhumana.gal
Teléfono: 606 620 201
2. Condicións Xerais de Uso do Sitio Web
SERHUMANA resérvase o dereito a modificar as presentes Condicións Xerais de Uso co obxecto de adecualas á lexislación vixente aplicable en cada momento, ás novidades xurisprudenciais e ás prácticas habituais de mercado. Así mesmo, resérvase a facultade de realizar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, calquera modificación ou actualización dos seus contidos e servizos; das presentes Condicións Xerais de Uso e, en xeral, de cantos elementos integran o deseño e configuración do Sitio Web.
As presentes Condicións Xerais de Uso non exclúen a posibilidade de que determinados servizos do Sitio Web, polas súas características particulares, sexan sometidos, ademais de ás Condicións Xerais de Uso, ás súas propias condicións particulares de uso (en diante, as “Condicións Particulares”).
A utilización por parte da Persoa Usuaria de calquera dos servizos do Sitio Web supón e expresa a súa adhesión e aceptación expresa a todas as Condicións Xerais de Uso na versión publicada na presente páxina web no momento en que a Persoa Usuaria acceda ao Sitio Web, así como ás Condicións Particulares que, no seu caso, sexan de aplicación, polo que recomendamos a súa lectura detida.
3. Réxime Xurídico Aplicable
No que respecta ao Sitio Web, este suxéitase así mesmo á lexislación española, resultando de aplicación a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. Así mesmo, no que atinxe ao tratamento dos datos de carácter persoal, suxéitase á normativa española de protección de datos “LOPDGDD” e á normativa europea de protección de datos “RXPD”. Para maior información pode consultar a nosa Política de Privacidade e Cookies a través das ligazóns dispoñibles no Sitio Web.
4. Condicións de acceso e utilización do Sitio Web.
No Sitio Web detállanse os servizos ofrecidos por “
https://www.serhumana.gal
”.
O seu uso supón e manifesta a súa adhesión e aceptación expresa a todas as Condicións Xerais de Uso na versión publicada na presente páxina web no momento en que a Persoa Usuaria acceda ao Sitio Web, así como ás Condicións Particulares que, no seu caso, sexan de aplicación.
4.1. Persoas usuarias.
O acceso e/ou uso ao Sitio Web atribúe a condición de “Persoa Usuaria”, que acepta, desde o dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Particulares que, no seu caso, resulten de obrigado cumprimento cando se adquira o produto ou servizo solicitado.
4.2. Necesidade de Rexistro.
Con carácter xeral, para o acceso aos contidos e servizos do Sitio Web non será necesario o Rexistro da Persoa Usuaria. Non obstante, a utilización de determinados contidos e servizos poderá estar condicionada ao rexistro previo da Persoa Usuaria. Este rexistro efectuarase na forma expresamente sinalada no propio servizo ou nas Condicións Particulares que lle sexan de aplicación.
Cando sexa necesario que a Persoa Usuaria se rexistre ou achegue datos persoais para poder acceder a algún dos servizos específicos, á recollida, ao tratamento e, no seu caso, á cesión ou ao acceso dos datos persoais das Persoas Usuarias seralle de aplicación o disposto na Política de Privacidade.
4.3. Acceso ao Sitio Web.
O simple acceso ao Sitio Web é gratuíto, agás no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado pola Persoa Usuaria.
4.4. Obrigas da Persoa Usuaria.
A Persoa Usuaria recoñece e acepta que o uso dos contidos e/ou servizos ofrecidos por SERHUMANA será baixo o seu exclusivo risco e/ou responsabilidade.
Con carácter xeral, a Persoa Usuaria obrígase ao cumprimento das presentes Condicións Xerais de Uso, no seu caso das Condicións Particulares que fosen de aplicación, así como a cumprir as especiais advertencias ou instrucións de uso contidas nelas ou no Sitio Web e a actuar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza, absténdose de utilizar o Sitio Web de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o normal funcionamento deste, os bens ou dereitos de SERHUMANA, dos seus provedores, do resto de Persoas Usuarias ou, en xeral, de calquera terceiro.
Este Sitio Web diríxese a persoas usuarias maiores de 18 anos, quedando prohibida a súa utilización a menores desta idade. Ademais, a persoa usuaria recoñece de forma responsable que ostenta suficiente capacidade legal para poder subscribir, no seu caso, os servizos ofrecidos por SERHUMANA.
As persoas menores de 18 anos deben obter previamente permiso das súas nais, pais, titoras/es ou representantes legais, os cales serán considerados responsables dos actos que leven a cabo as persoas menores ao seu cargo, conforme á normativa vixente.
A Persoa Usuaria obrígase, na utilización do Sitio Web, así como na prestación dos servizos, a:
- No caso de rexistrarse, a Persoa Usuaria obrígase a proporcionar verazmente os datos achegados e a mantelos actualizados.
- Non introducir, almacenar ou difundir no ou desde o Sitio Web calquera información ou material que fose difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, que incite á violencia ou á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, a honra, a intimidade ou a imaxe de terceiros e, en xeral, contra a normativa vixente.
- Non introducir, almacenar ou difundir mediante o Sitio Web ningún programa de ordenador, datos, virus, código, equipo de hardware ou de telecomunicacións ou calquera outro instrumento ou dispositivo electrónico ou físico que sexa susceptible de causar danos no Sitio Web, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes de SERHUMANA, de calquera Persoa Usuaria, dos provedores de SERHUMANA ou, en xeral, de calquera terceiro, ou que de calquera outra forma sexa capaz de causarlles calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento destes.
- Non realizar actividades publicitarias, promocionais ou de explotación comercial a través do Sitio Web, non utilizando os contidos e, en particular, a información obtida a través do Sitio Web para remitir publicidade, enviar mensaxes con fins de venda directa ou con calquera outro fin comercial, nin para recoller ou almacenar datos persoais de terceiros.
- Non difundir, transmitir ou poñer á disposición de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que constitúa publicidade ilícita ou desleal.
- Non transmitir publicidade non solicitada ou autorizada, material publicitario, “correo lixo”, “cartas en cadea”, “estruturas piramidais” ou calquera outra forma de solicitude, agás naquelas áreas —como espazos comerciais— que fosen exclusivamente concibidas para iso.
- Non introducir ou difundir calquera información e contidos falsos, ambiguos ou inexactos de forma que induzan a erro ás persoas receptoras da información.
- Non utilizar identidades falsas nin suplantar a identidade doutras persoas na utilización do Sitio Web ou na utilización de calquera dos servizos do Sitio Web, incluíndo, no seu caso, a utilización de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma.
- Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos de SERHUMANA, dos seus provedores ou de terceiros.
- Non introducir, almacenar ou difundir mediante o Sitio Web calquera contido que infrinxa dereitos de propiedade intelectual, industrial ou segredos empresariais de terceiros, nin en xeral ningún contido do cal non ostentase, de conformidade coa lei, o dereito a poñelo á disposición de terceiros.
- Non difundir, transmitir ou poñer á disposición de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que supoña unha violación do segredo das comunicacións e da lexislación de datos de carácter persoal.
SERHUMANA resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación.
En calquera caso, SERHUMANA non será responsable das opinións vertidas polas Persoas Usuarias a través de aplicacións de comunicación ou outras ferramentas de participación.
5. Propiedade intelectual e industrial. Prohibición de hipervínculos.
Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio do Sitio Web e dos sitios web, así como dos seus contidos (datos, textos, informacións, logotipos, imaxes, sons, vídeos, deseños, iconas, botóns, software, nomes comerciais, debuxos, gráficos, vínculos) pertencen ben a SERHUMANA, ben a terceiros titulares que lle cederon os seus dereitos, polo que ningunha Persoa Usuaria está autorizada a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada. Queda, pois, prohibida a modificación, descompilación ou a utilización comercial de calquera parte destes.
Tan só se autoriza a utilización do Sitio Web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo a Persoa Usuaria a única responsable do mal uso destes.
Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados no Sitio Web son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas neles, sen que o seu acceso xere relación comercial, contractual ou profesional entre as Persoas Usuarias e SERHUMANA.
En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión ou cesión total ou parcial dos ditos dereitos nin se confire ningún dereito nin expectativa de dereito, e en especial, de alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa de SERHUMANA ou dos terceiros titulares correspondentes. Non se poderá establecer ningún vínculo ao Sitio Web desde calquera outra web sen o previo e expreso consentimento de SERHUMANA e/ou dos terceiros afectados.
Estas condutas poderán dar lugar ao exercicio de cantas accións xudiciais ou extraxudiciais lle puidesen corresponder a SERHUMANA no exercicio dos seus dereitos e/ou dos terceiros afectados.
6. Marcas comerciais e rexistrais.
SERHUMANA e todas as denominacións que inclúan o termo SERHUMANA son marcas rexistradas, e está prohibida a súa reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a nosa debida autorización.
7. Ligazóns.
Neste Sitio Web atopará ligazóns ou hipervínculos a outros sitios web. Queremos chamar a súa atención sobre o feito de que SERHUMANA non ten ningunha influencia nin control sobre os contidos e deseño destes e, polo tanto, non se fai responsable da actualización e/ou calidade da información proporcionada neles. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.
8. Exclusión de garantías e responsabilidade.
8.1. Dispoñibilidade e continuidade do Sitio Web.
SERHUMANA non garante o correcto funcionamento respecto da dispoñibilidade e continuidade do noso Sitio Web. En consecuencia, SERHUMANA queda eximida de calquera responsabilidade derivada do incorrecto funcionamento ou interrupcións dos nosos sitios web.
Á Persoa Usuaria prohíbeselle calquera tipo de acción sobre o noso Sitio Web que orixine unha excesiva sobrecarga de funcionamento nos nosos sistemas informáticos, así como a introdución de virus, ou instalación de robots ou software que altere o normal funcionamento dos nosos sitios web.
SERHUMANA non se fai responsable, cos límites establecidos na lexislación vixente, dos danos e prexuízos de calquera natureza que se puidesen ocasionar como consecuencia da indispoñibilidade, fallos de acceso e falta de continuidade do Sitio Web.
8.2. Contidos e servizos de SERHUMANA.
SERHUMANA responderá única e exclusivamente dos servizos que preste por si mesma e dos contidos directamente orixinados por SERHUMANA. A dita responsabilidade quedará excluída nos casos en que concorran causas de forza maior ou nos supostos en que a configuración dos equipos da Persoa Usuaria non sexa a adecuada para permitir o correcto uso dos servizos de Internet prestados por SERHUMANA. En calquera caso, a eventual responsabilidade de SERHUMANA fronte á Persoa Usuaria por todos os conceptos quedará limitada como máximo ao importe das cantidades percibidas directamente da Persoa Usuaria por SERHUMANA, con exclusión en todo caso de responsabilidade por danos indirectos ou por lucro cesante.
8.3. Contidos e servizos de terceiros.
SERHUMANA non controla previamente, aproba nin fai propios os contidos, servizos, opinións, comunicacións, datos, arquivos, produtos e calquera clase de información de terceiros, persoas xurídicas ou físicas, recollidos no Sitio Web. Do mesmo xeito, non garante a licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos contidos, informacións e servizos de terceiros no Sitio Web.
SERHUMANA non controla con carácter previo nin garante a ausencia de virus e outros elementos nos contidos e servizos prestados por terceiros a través do Sitio Web que poidan introducir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros das persoas usuarias.
SERHUMANA non será responsable, nin indirectamente nin subsidiariamente, dos danos e prexuízos de calquera natureza derivados da utilización e contratación dos contidos e dos servizos de terceiros no Sitio Web, así como da falta de licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade destes. Con carácter enunciativo, e en ningún caso limitativo, non será responsable polos danos e prexuízos de calquera natureza derivados de:
- A infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial e o cumprimento defectuoso ou incumprimento dos compromisos contractuais adquiridos por terceiros.
- A realización de actos de competencia desleal e publicidade ilícita.
- A inadecuación e defraudación das expectativas dos servizos e contidos dos terceiros.
- Os vicios e defectos de toda clase dos servizos e contidos de terceiros prestados a través do Sitio Web.
A exoneración de responsabilidade sinalada nos parágrafos anteriores será de aplicación no caso de que SERHUMANA non teña coñecemento efectivo de que a actividade ou a información almacenada é ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización, ou se o tivese, actúe con dilixencia para retirar os datos e contidos ou facer imposible o acceso a eles.
8.4. Conduta das Persoas Usuarias.
SERHUMANA non garante que as Persoas Usuarias do Sitio Web utilicen os contidos e/ou servizos deste de conformidade coa lei, a moral, a orde pública nin as presentes Condicións Xerais de Uso e, no seu caso, as Condicións Particulares que resulten de aplicación. Así mesmo, non garante a veracidade e exactitude, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos proporcionados polas Persoas Usuarias.
SERHUMANA non será responsable, indirecta nin subsidiariamente, dos danos e prexuízos de calquera natureza derivados da utilización dos servizos e contidos do Sitio Web por parte das Persoas Usuarias ou que poidan derivarse da falta de veracidade, exactitude e/ou autenticidade dos datos ou informacións proporcionadas polas Persoas Usuarias, ou da suplantación da identidade dun terceiro efectuada por unha Persoa Usuaria en calquera clase de actuación a través do Sitio Web. A título enunciativo, pero non limitativo, SERHUMANA non será responsable indirecta ou subsidiariamente de:
- Os contidos, informacións, opinións e manifestacións de calquera Persoa Usuaria ou de terceiras persoas ou entidades que se comuniquen ou exhiban a través do Portal.
- Os danos e prexuízos causados a terceiros derivados da utilización por parte da Persoa Usuaria dos servizos e contidos do Sitio Web.
- Os danos e prexuízos causados pola falta de veracidade, exactitude ou incorrección da identidade das persoas usuarias e de toda información que estas proporcionen ou fagan accesible a outras persoas usuarias.
- Os danos e prexuízos derivados de infraccións de calquera Persoa Usuaria que afecten aos dereitos doutra Persoa Usuaria ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marca, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual e industrial.
A Persoa Usuaria recoñece que entendeu toda a información respecto ás condicións de uso dos nosos sitios web, e recoñece que son suficientes para a exclusión do erro nelas e, polo tanto, acéptaas íntegra e expresamente.