Nós

Nunha sociedade intensamente sometida a estímulos, inmersa na virtualidade constante e nun mundo cada vez máis definido pola tecnoloxía e a IA, faise urxente volver a mirada cara ao humano.

A resposta está en mirarnos para poder mirar, en atoparnos de verdade, en aprender novas formas de relacionarnos para construír mellores vidas.

Por que SerHumana

É desde aí, desde esa necesidade de reconectar co humano, onde nace SerHumana.


Traballamos cun enfoque sistémico, entendendo que somos o resultado de múltiples capas e influencias que nos atravesan e que é importante comprender.


Por iso, a perspectiva de xénero e a interseccionalidade permean cada intervención e cada proxecto, poñendo conciencia nas desigualdades e nos límites que arrastramos coas resistencias que isto supón. Pero tamén celebrando as oportunidades que achegan a diversidade de experiencias e lugares nos que atoparnos.


Facémolo desde unha mirada apreciativa, que pon o foco no que si hai, no que xa existe, nos recursos cos que contamos. Porque, dalgún modo, conseguimos chegar ata aquí.


Traballamos atendendo e desenvolvendo a dimensión emocional, o autocoñecemento —o que sentimos, o que necesitamos—, ao ser o eixo central das nosas vidas en todos os contextos. É no afectivo, desde onde nace a nosa forma de estar e de movernos polo mundo: en cada decisión e en cada interacción.


Apoiámonos na Comunicación NonViolenta como modelo relacional, porque achega unha linguaxe que favorece a conciencia, a responsabilidade e o coidado mutuo cunha claridade asombrosa e profunda.


Por todo isto, en SerHumana, poñemos a nosa enerxía en crear e nutrir espazos de seguridade —a nivel privado, grupal e social— en cada experiencia formativa, consultoría e acompañamento. Espazos onde poder baixar a esixencia, recuperar a conexión e recoñecernos sen xuízo. Porque en contextos así se posibilita a aprendizaxe e o cambio para impulsar formas máis conscientes, coidadosas e humanas de relacionarnos e de estar no mundo.

En poucas palabras, en SerHumana:

Como traballamos

Combinamos lixeireza, profundidade e acción práctica.


Caracterizámonos pola nosa humanidade, proximidade e crecemento profesional permanente.


A nosa metodoloxía e dinámicas apelan a diferentes formas e canles de aprendizaxe xerando un ambiente de reflexión e tamén de desfrute estimulante e amable.


Cada proposta inclúe un camiño individual (máis introspectivo) e outro relacional (co resto de persoas nos diferentes contextos da túa vida).


A perspectiva e modelos nos que estamos especializadas e baseamos o noso traballo:

Nós

SerHumana é fundada e impulsada por Sara Vierna e acompañada por colaboradoras que achegan expertise e cor a cada programa, proxecto e consultoría que aborda.

Sara Vierna Fernández

Sara Vierna Fernández

Desde hai máis de 14 anos, traballo no deseño e facilitación de procesos e proxectos formativos, consultivos e de acompañamento orientados a construír culturas máis humanas e igualitarias.

O meu enfoque parte dunha mirada sistémica: non se centra únicamente nas persoas, senón que tamén aborda as dinámicas sociais, relacionales e organizativas que inflúen nas vivencias das dificultades persoais e profesionais.

Son educadora social, máster en Xénero e Políticas de Igualdade, posgrao en Educación Emocional e Coaching Educativo e certificada en Coaching de equipos, xestión de conflitos e enfoque centrado en solucións. Ademais, conto cunha extensa formación e afondamento en Comunicación NonViolenta e en traballo somático.

Ao longo da miña traxectoria, acompañei a universidades, centros educativos, administracións públicas, familias e organizacións privadas na transformación das tensións, os malestares, os conflitos, no fortalecemento de equipos e na integración práctica da perspectiva de xénero.

O meu traballo é a intersección entre benestar emocional, relacións humanas e igualdade de xénero.

E o meu propósito axudar ás persoas para ter mellores vidas.

Colaboradoras

Cris López

Virginia Pañeda

María Vierna

Jone Otero

Femür

En que cremos

A mirada cámbiao todo. Mirar dentro é o camiño para estar ben.

Mirar dentro non é só un exercicio de introspección, é unha forma de empezar a vivir doutro xeito. Porque o cambio real comeza no autocoñecemento: en recoñecer o que sentimos, o que precisamos e como iso inflúe na nosa forma de estar no mundo.

 

Desde aí acompañamos procesos que poñen no centro o humano, con sensibilidade, profundidade e coidado, deseñando cada intervención desde a singularidade. Porque cando cambia a forma en que te miras, cambia tamén a forma en que vives.

Mirar ás outras persoas desde novos lugares para construír boas relacións

“Estamos neurobioloxicamente programadas para conectarnos con outras persoas. En ausencia de conexión, sempre hai sufrimento”. Brené Brown

 

Cada relación constrúese no encontro de experiencias de vida, necesidades e formas de sentir diversas que moitas veces non somos capaces de ver a simple vista. Aprender a mirar con máis conciencia, empatía e claridade ao resto transforma a maneira en que nos comunicamos e nos vinculamos.

 

Desde esta mirada traballamos a relación e a comunicación, xerando espazos onde o encontro é posible e onde poden emerxer formas máis honestas, coidadosas e humanas de estar con outras persoas.

Mirar cara a todo o que sucede no sistema para transformar o sistema

Nada do que nos ocorre é illado. Somos parte de sistemas que inflúen, sosteñen e tamén limitan as nosas posibilidades. Partes do sistema que vemos e outras que pasan desapercibidas.

 

Ampliar a mirada permítenos comprender mellor o que sucede, saír de bucles e de lecturas simplistas e abrir novas formas de intervención e cambio plurais e completas.

 

Traballamos cun enfoque sistémico que integra o emocional, o relacional e o contexto, para xerar transformacións reais e sostibles. Porque cando cambia a mirada, cambian as dinámicas, as relacións e as posibilidades do que pode chegar a ser.

A maneira en que vemos as cousas é tamén a maneira en que as vivimos. Aprender a mirar doutro modo cámbiao todo.