Institucións

O que non podemos imaxinar, non pode facerse realidade. bell hooks

En SerHumana traballamos para abrir novas posibilidades, imaxinar e deseñar mellores futuros.

Desenvolvemos e facilitamos proxectos que sitúan o benestar emocional, relacional e a igualdade de xénero no centro da acción pública, aterrando as políticas en procesos reais que impactan na vida das persoas.

O reto

A saúde mental e o benestar emocional son xa unha prioridade pública. Unha alta porcentaxe da poboación presenta malestar psicolóxico.

 

As políticas de igualdade e prevención de violencias seguen atopando dificultades para traducirse en prácticas que estimulen a reflexión e o cambio o cambio social.

 

O persoal dos servizos públicos como educación, sanidade e servizos sociais, entre outros, sofren niveis altos de desgaste emocional, con risco de cronificación.


Existe, ademais, unha brecha clara entre a normativa, os plans estratéxicos e a experiencia cotiá de profesionais e cidadanía.

A nosa proposta

En SerHumana acompañamos a las instituciones a traducir sus marcos estratégicos en prácticas vivas, coherentes y sostenibles.

 

Trabajamos para accionar y fortalecer programas de bienestar e igualdad desde una mirada sistémica, que tenga en cuenta tanto a la ciudadanía como a los equipos profesionales que impulsan la acción pública.

 

Diseñamos intervenciones que generan impacto real en el sector empresarial, educativo, en las familias, equipos profesionales de la administración y en la comunidad en general.

 

Lo hacemos a través de diferentes áreas de trabajo desde una perspectiva de género transversal.

Que facemos

Formación

Formación

Consultoría

Consultoría

acompañamiento y coaching de equipos

Acompañamento

Como o facemos

Á medida

Cada institución é un ecosistema propio, coas súas dinámicas, necesidades e retos.


Por iso, en SerHumana, deseñamos procesos e intervencións adaptadas á realidade de cada institución, combinando formación experiencial, acompañamento e espazos de reflexión que permiten integrar cambios de forma orgánica.

Testemuños

Sara ten unha sabedoría emocional inmensa que lle permite afrontar con solvencia moitas das encrucilladas diversas que lle formulamos. A metodoloxía é moi dinámica pero permite tamén a introspección e xera espazos de reflexión tranquilos e seguros. Sempre ofrece bibliografía ou material complementario. É ordenada na exposición teórica e complétaa cunha exposición dixital que non é invasiva nin rompe o clima das sesións. Coida detalles como a elección de música idónea nos momentos de reflexión e traballo. Quero resaltar algo importante: o bo humor e unha actitude libre de xuízo que fai que nos sintamos tan cómodas e nos expresemos con tanta liberdade.

Carmen

Traballadora social. Dirección Centro Cívico

Foi algo precioso nun momento moi necesitado pola miña parte, axudoume moito a recolocarme no mundo. Sara demostra uns coñecementos da materia asombrosos, e o máis importante é que se nota a súa implicación á hora de transmitilos; a intensidade e a empatía coa que coida o grupo é única. Ten unhas capacidades comunicativas incribles.

Mon Rivas

Xestor cultural

Foi unha experiencia enormemente enriquecedora, tanto a nivel persoal como profesional. Foi parar, observar, escoitar, compartir, recoñecer e medrar.

Sandra Ferreño

Educadora en servizo municipal de educación e apoio familiar

O que máis destacaría é que sabe combinar coñecementos teóricos cunha práctica moi amena e participativa. É moi boa comunicadora e sabe transmitir e “engancharnos”, creando un ambiente grupal moi agradable e á vez de moita conexión.

Carmen Peña

Médica

Só podo dicir que este seminario foi a primeiro en toda a miña etapa como estudante do que realmente salín cunha perspectiva totalmente ampliada sobre o tratado. Levanteime ese día pensando que iba a ser a mesma chapa que escoitamos dende pequenos nas charlas, e volvín a casa pensando no moito que me equivocaba. Para min foi un seminario moi interesante e completo, no que comprendimos á perfección o significado de coeducación emocional, no que puidemos entendelo dunha maneira tan didáctica e práctica que realmente puidemos poñer todas as nosas perspectivas e vivencias como exemplos do dado. Realmente creouse un espazo seguro increíble, o que permiteu que compartiramos historias persoais e emocións cos nosos compañeiros e compañeiras, cos que moitos deles, despois de case dous meses de clase, aínda non cruzaramos practicamente palabra. Sen dúbida foi a primeira vez que salgo dun seminario sentindo que aprendin moitas cousas novas, aprendizaxes que non só me van servir a nivel persoal, se non tamén a nivel profesional. Sen dúbida este seminario recomendaríao moito as universidades e aos centros educativos. É moi necesario aprender dende a realidade.

Carolina Kalaji Mosquera

Estudante de Educación Social. UDC

A verdade e que este seminario non foi igual que os outros. Sorprendeume gratamente a dinámica e a interacción de “ti a ti” que se xerou. Acadamos, dende a miña perspectiva, un espazo seguro no que puidemos ser nós memos e pasámolo moi ben. A nivel individual, o seminario fíxome reflexionar sobre a seguridade que creemos ter na aula mais finalmente semella que non temos. Penso que me vai a axudar moito no futuro tanto persoal como profesional. Tratarei así, na miña próxima experiencia como docente de buscar ese espazo seguro en todas as aulas e fomentalo.

Lucas Souto

Estudante de Educación Primaria. UDC

A nivel persoal non me esperaba que este seminario estivese estruturado desa forma, tan dinámica e participativa. Esperaba unha charla de 4 horas con diapositivas aburridas, pero foi sorprendente porque estaba feita dunha forma que cautivaba a atención.

Sofía López Argiz

Estudante de Educación Social. UDC

O que máis me impactou foi ver a ferida que xera o patriarcado, entendéndoo xa non só como un sistema de opresión, senón como un xerador de dor e trauma emocional real. A nivel persoal, remexeu en min ao levármeme a reflexionar sobre as miñas propias inquietudes e as emocións que aprendín a agochar para cumprir coas expectativas do meu xénero.

Martin Dacosta.

Estudante de Educación Primaria. UDC

Serviume para ver como moitas cousas que sentía, como o medo a mostrar emocións ou a tendencia a coidar máis dos demais que de min, non son só eleccións individuais, senón que vén dun sistema patriarcal que tamén me atravesa.

Noa Fraga Naya

Estudante de Educación Social. UDC