Política de privacidade

Nesta Política de Privacidade atopará toda a información relevante sobre o tratamento de datos efectuado baixo a titularidade e responsabilidade de Sara Vierna Fernández (en diante, “SERHUMANA”), para o colectivo das persoas interesadas, como clientas e clientes potenciais, interesadas/os nos nosos servizos. Por favor, dedique uns minutos a ler a nosa política de privacidade. Con ela queremos explicarlle de forma sinxela, clara e transparente como tratamos e protexemos a súa información persoal e os seus dereitos. A súa seguridade e a dos seus datos persoais é fundamental para nós e tomámonos moi en serio a súa adecuada protección.

A QUEN SE DIRIXE E APLICA ESTA POLÍTICA?

Esta política de privacidade aplícase a todas as persoas usuarias do Sitio Web, sexan ou non clientas de SERHUMANA (en diante, indistintamente, “a persoa usuaria”, “as usuarias” ou “a interesada”) que teñan a consideración de persoas físicas. E é que, por datos persoais, referímonos a toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable. Este Sitio Web diríxese a persoas usuarias maiores de 18 anos, quedando prohibida a súa utilización a menores de 18 anos para o rexistro, así como para a contratación dos nosos servizos que nel se puidesen ofrecer. Este Sitio Web resérvase a posibilidade de realizar verificacións da idade das persoas que lle facilitan datos persoais. Calquera dato dunha persoa menor de 18 anos será eliminado. A persoa usuaria recoñece de forma responsable que ostenta suficiente capacidade legal para poder subscribir, no seu caso, os servizos de rexistro ou pagamento ofrecidos polo Sitio Web. As persoas menores de 18 anos deben obter previamente permiso das súas nais, pais, titoras/es ou representantes legais, os cales serán considerados responsables dos actos que leven a cabo as persoas menores ao seu cargo, conforme á normativa vixente. Agradeceriámoslle que nos axudase a manter actualizados os seus datos persoais informándonos de calquera cambio nos seus datos de contacto ou nas súas preferencias.

Información do tratamento.

Segundo o disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE (en diante, RXPD), do 27 de abril de 2016, a usuaria debe recibir información puntual e concreta da persoa responsable do tratamento e dos usos e fins deste. Para iso, indícase a seguinte información:

SE NAVEGA OU UTILIZA O NOSO SITIO WEB, QUEN É A PERSOA RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

Identidade: Sara Vierna Fernández Dirección: c/ Eladio Rodríguez González nº 7 baixo – 15005 (A Coruña) Responsable de Protección de Datos: protecciondedatos@serhumana.gal

QUE TIPO DE DATOS TRATAMOS?

O tratamento dos seus datos é necesario para darlle acceso aos contidos e/ou funcionalidades do Sitio Web ou, no caso de que así o requira, poder remitirlle a información ou prestarlle os servizos dispostos a través do Sitio Web. Ao respecto, mantemos un firme compromiso de tratar os seus datos persoais de forma lexítima e coherente, de acordo cos principios e obrigas legais dispostas pola normativa vixente de protección de datos persoais. Cando navega a través do Sitio Web e, en particular, cando interactúa, achéganos datos de forma directa, por exemplo, cando cobre calquera formulario ou solicitude disposta en liña conforme aos fins de tratamento indicados en cada caso. Todos os campos que aparezan sinalados cun asterisco (*) nos formularios que se lle faciliten serán de obrigada cumprimentación. A omisión destes pode comportar a imposibilidade de que poidamos atendelo/a e facilitarlle a información ou os servizos solicitados. Polo tanto, debe proporcionar información verídica, quedando prohibido o uso de alias ou medios para ocultar a súa identidade, agás cando solicitemos de maneira expresa a creación dun nick ou alias como nome de usuaria. No caso de que fose necesario crear un contrasinal de acceso privado, aconsellámoslle que o resgarde en todo momento. Será a única persoa responsable no caso do uso, autorizado ou non, da súa conta persoal, e neste sentido comprométese a facer un uso dilixente da dita información, a non poñela á disposición de terceiros e a comunicar a súa perda ou roubo. Para que a información facilitada estea sempre actualizada e non conteña erros, deberá comunicarnos, coa maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal que se vaian producindo, tal e como se indica no punto “Dereitos”. En resumo, tratamos os datos persoais que nos facilitase, relacionados cos nosos servizos polos que mostrase interese. Sempre lle solicitaremos aqueles datos adecuados, pertinentes e limitados ao necesario respecto dos citados fins de tratamento —principio de minimización de datos persoais—:
  • Datos identificativos: nome, apelidos.
  • Datos de contacto: número de teléfono, correo electrónico.
  • Comerciais e preferencias: información que nos facilite acerca das súas preferencias, por exemplo, o tipo de servizo no que se atopa interesada.
  • Datos do historial da clienta ou cliente: aqueles resultantes das comunicacións que realice con SERHUMANA, a través de calquera canle de comunicación —non limitativo nin excluínte—: teléfono, correo electrónico, mensaxería instantánea, redes sociais ou aquelas interfaces de conversa dispostas para a súa disposición, así como respostas a enquisas de satisfacción, entre outros.
  • Datos de navegación: todas as webs recollen datos de navegación das persoas visitantes a través das cookies. Cando navegue polo Sitio Web deberá estar atenta/o ás cookies que se instalan no seu terminal ou dispositivo, xa que iso implica o tratamento dos seus datos persoais segundo a tipoloxía de cookies informadas e os seus fins específicos. En todo momento poderá configurar o uso das cookies tal e como se indica na dita política de cookies. Se desexa máis información sobre Cookies, diríxase á ligazón “Política de Cookies”.
  • Datos de conexión: IP do dispositivo ou equipo utilizado e que é proporcionada polo navegador que utiliza para conectarse a un Sitio Web. A finalidade dunha dirección IP é facer posible a conexión na rede, lograr que a identificación de cada equipo sexa única e, desta forma, impedir erros, fraudes, etc. SERHUMANA non fará uso da dirección IP do seu equipo informático ou dispositivo para ningún tratamento relacionado cos seus datos persoais nin para identificalo/a nin asociar os datos de navegación a vostede.

CON QUE FINS USAMOS OS SEUS DATOS?

Os datos persoais que nos facilite serán tratados coa finalidade estipulada de forma particular nesta política de privacidade e para a finalidade coa que foron recollidos nos distintos formularios de datos dispostos nela. Neste sentido, os datos persoais que nos facilita prestando o seu consentimento, así como aqueloutros que nos facilite durante a relación, poderán ser tratados conforme ao descrito no propio contrato entre as partes. Os seus datos son tratados coas seguintes finalidades:
  • Posibilitar que navegue polo Sitio Web, permitíndolle con iso o acceso á información e aos contidos dispostos nel.
  • Prestar de forma adecuada servizos de atención ás persoas interesadas, o que inclúe atender e xestionar as súas consultas e solicitudes. Comunicacións comerciais e promocionais:
  • Remitirlle toda a información necesaria en relación coas características do servizo que nos solicitase, por calquera medio, incluídos os electrónicos.
Se así o acepta ou existe base legal suficiente para iso:
  • Remitirlle información, por calquera medio, incluídos os electrónicos, dos servizos similares a aqueles contratados ou polos que mostrou interese.
  • Remitirlle información sobre ofertas, promocións, agasallos, eventos ou campañas arredor dos nosos servizos por calquera medio, incluídos os electrónicos.
Estas comunicacións poderán estar personalizadas, tendo en conta a información que nos proporcionase ou que se xerase polas relacións que mantivese connosco. Lembre que pode darse de baixa das comunicacións en calquera momento e sen custo ningún a través das indicacións que lle facilitamos en cada comunicación. Se non desexa recibir notificacións push, poderá desactivar esta opción no seu dispositivo. En relación co envío de publicidade, informámoslle expresamente de que non tomamos decisións automatizadas con efectos sobre vostede. Cando participa nalgún concurso, sorteo, evento ou outra actividade promocional organizada por nós, podemos comunicarnos con vostede para:
  • Confirmar a súa asistencia ao evento.
  • Enviarlle un recordatorio do día e da hora.
  • Contactar con vostede no caso de que resulte gañador/a dalgún concurso ou sorteo.
  • Realizar un control de calidade sobre os servizos polos que mostrou interese ou contratou mediante a realización de posibles enquisas de opinión, así como xestionar as reclamacións que puidese remitir en relación con estes e poder melloralos na medida do posible.
  • No caso de que aceptase a política de cookies, para o desenvolvemento dos fins asociados aos distintos tipos de cookies informadas a través desta, en particular, as de tipo analítico (perfil de navegación/usuaria), realizar tal análise e estatísticas asociadas á navegación do Sitio Web co obxecto de poder mellorar os nosos servizos e a calidade na prestación destes sen identificar a persoa usuaria. En calquera momento, se así o desexa, poderá configurar o uso das cookies analíticas, ostentando un dereito a revogar o seu consentimento respecto dos fins asociados a estas cookies. Informámoslle de que a revogación do seu consentimento ao tratamento dos seus datos respecto de certos tipos de cookies como son as de sesión ou técnicas poden impedir que navegue polo noso Sitio Web (ver política de cookies).
  • Adoptar cantas medidas de protección resulten aplicables, técnicas ou organizativas, de conformidade coa normativa vixente, incluíndo a posible anonimización dos seus datos persoais aplicando, para iso, as adecuadas técnicas dispoñibles para tal efecto.
  • En xeral, cumprir coa normativa aplicable a SERHUMANA conforme ao sector de actividade que lle é propio, incluíndo actuacións tendentes á detección da fraude e á prevención de delitos ou actuacións ilícitas.

Que pasa se nos facilita datos de terceiras persoas?

Se nos proporciona datos persoais de terceiras persoas, garante terlles informado acerca das finalidades e da forma na que necesitamos tratar os seus datos persoais.

Como recollemos os seus datos?

  • Cando contacta directamente connosco co motivo de solicitar información sobre os nosos servizos.
  • Cando participa nas nosas campañas de fidelización, a través do Sitio Web, fisicamente en eventos ou participando nalgunha promoción/campaña de marketing.
  • Cando, coa súa autorización expresa, terceiras entidades nos comunican os seus datos persoais.

EN QUE NOS BASEAMOS PARA TRATAR DE FORMA LEXÍTIMA OS SEUS DATOS?

Fins do tratamento Base lexítima do tratamento
Posibilitar que navegue polo Sitio Web, permitíndolle con iso o acceso á información e aos contidos dispostos nel. O tratamento dos seus datos baséase no seu consentimento (art. 6.1, a do RXPD) e, segundo os casos, na satisfacción do interese lexítimo (art. 6.1, f do RXPD), propio ou de terceiras persoas, asociado á adecuada xestión, mantemento, desenvolvemento e evolución da plataforma, ferramentas, rede e sistemas de información asociados, permitindo o seu correcto funcionamento, funcionalidades, acceso a contidos e servizos, así como a seguridade xeral de todos os anteriores extremos.
Comunicacións comerciais
Remitirlle toda a información necesaria en relación coas características do servizo que nos solicitase. O tratamento dos seus datos baséase na aplicación de medidas precontractuais (art. 6.1, b do RXPD) por petición da persoa interesada ou no seu consentimento (art. 6.1, a do RXPD).
Remitirlle comunicacións similares a aqueles servizos contratados ou polos que mostrou interese. Tales comunicacións comerciais ampáranse no disposto no artigo 21.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico ou no interese lexítimo* (art. 6.1, f do RXPD).
Remitirlle información comercial relativa a ofertas, promocións, agasallos, eventos ou campañas arredor dos nosos servizos. O tratamento dos seus datos baséase no seu consentimento (art. 6.1, a do RXPD). No caso de sorteos e concursos, o tratamento dos seus datos baséase no seu consentimento sobre as bases ou condicións da promoción e, no seu caso, por exemplo, para o uso da imaxe da persoa premiada ou gañadora, sobre a base do seu consentimento (art. 6.1, a do RXPD).
Prestar de forma adecuada servizos de atención ás persoas clientes. O tratamento dos seus datos baséase na aplicación de medidas precontractuais (art. 6.1, b do RXPD) e, no seu caso, no seu consentimento (art. 6.1, a do RXPD). Cando a súa consulta estea relacionada coa xestión de incidencias ou reclamacións, o tratamento é necesario para atender medidas precontractuais ou contractuais (art. 6.1, b do RXPD). Cando a súa consulta estea relacionada co exercicio de dereitos, o tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas legais (art. 6.1, c do RXPD).
Realizar un control de calidade sobre os nosos servizos mediante a realización de posibles enquisas de opinión. O tratamento dos seus datos baséase no interese lexítimo* (art. 6.1, f do RXPD) co fin de mellorar a calidade dos servizos polos que mostrou interese ou contratou.
No caso de que aceptase a política de cookies disposta para tal efecto, permitir o desenvolvemento dos fins de tratamento asociados a estas e, en particular, realizar a pertinente análise derivada da súa navegación web para efectos analíticos e/ou estatísticos. O tratamento dos seus datos baséase no seu consentimento (art. 6.1, a do RXPD).
Adoptar cantas medidas de protección de seguridade, técnicas e/ou organizativas, resulten aplicables de conformidade coa normativa vixente, incluíndo a posible seudonimización e anonimización dos seus datos persoais aplicando, para iso, as adecuadas técnicas dispoñibles para tal efecto. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas legais (art. 6.1, c do RXPD) e da normativa española de protección de datos persoais, Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (en diante, a “LOPDGDD”). No caso de tratamentos destinados a garantir a seguridade da plataforma, da rede e do sistema de información asociado poderá esgrimirse, cando proceda, a satisfacción do interese lexítimo* (art. 6.1, f do RXPD) ou, no seu caso, dun terceiro (Considerando 49 do RXPD).
En xeral, cumprir coa normativa aplicable conforme ao sector de actividade, incluíndo actuacións tendentes á detección da fraude e á prevención de delitos ou actuacións ilícitas no desenvolvemento dos programas de compliance. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas legais (art. 6.1, c do RXPD), ou interese lexítimo (art. 6.1, f do RXPD) polo que atinxe a actuacións de detección ou prevención da fraude (Considerando 47 do RXPD).
Cando a base lexítima do tratamento dos seus datos persoais sexa o seu consentimento, lembrámoslle que ten dereito a revogalo en calquera momento de forma sinxela e gratuíta escribíndonos a protecciondedatos@serhumana.gal Base xurídica interese lexítimo: en ocasións, para poder realizar a nosa actividade, é necesario tratar os seus datos persoais de acordo cunha serie de intereses lexítimos que ostentamos e explicámosllos en detalle: Comunicacións similares a aqueles servizos contratados ou polos que mostrou interese: podemos tratar os datos das nosas Clientas/es ou Clientas/es Potenciais para remitirlles información, por calquera medio, incluídos os electrónicos, sobre servizos que sexan similares a aqueles que nos contratasen no pasado. A información poderá estar adaptada ao perfil e aos intereses das Clientas/es ou Clientas/es Potenciais, de acordo coa información que estas nos facilitasen ou a que se xerou con motivo da relación que manteñen connosco. As comunicacións que realicemos atópanse amparadas polo interese lexítimo do marketing directo e tamén inclúen todas aquelas efectuadas no marco de programas de fidelización como comunicacións de cortesía (felicitación do aniversario ou de festividades concretas), invitacións a eventos organizados por SERHUMANA relacionados coa nosa actividade ou sector. Contacto con empresas e persoas empresarias autónomas: cando as nosas Clientas/es ou Clientas/es Potenciais son empresas ou persoas empresarias autónomas, tratamos os seus datos ou os da súa persoa representante ou de contacto para poñernos en contacto con elas, coa finalidade de entablar relacións comerciais ou profesionais de calquera índole, incluíndo o envío de comunicacións comerciais por calquera medio distinto dos electrónicos. Enquisas de satisfacción: cando as Clientas/es ou Clientas/es Potenciais contratan un produto ou servizo, ou se poñen en contacto connosco, utilizamos os seus datos para controlar a calidade dos servizos que prestamos, xestionar as reclamacións que puidesen remitir en relación con estes e poder melloralos na medida do posible. Seguridade: podemos contactar coas nosas Clientas/es ou Clientas/es Potenciais en caso de urxencia, pola súa seguridade, ou para comunicarlles a existencia de medidas de servizo que se deben aplicar, sempre e cando se poida entender, de forma razoable, que dito tratamento podería previr ou reducir calquera tipo de dano potencial para as nosas Clientas/es ou Clientas/es Potenciais.